EspeleoCine 2021

Bases

CONDICIÓNS XERAIS

Poderán participar tódalas persoas que o desexen, afeccionados ou profesionais, de xeito particular, como asociación deportiva, entidade ou institución.

A temática das películas deberá versar sobre a Espeleoloxía, en calquera dos seus eidos: exploración, biodiversidade, ciencia aplicada, conservación, ensino, historia, ficción, etc.

Poderán presentarse películas de animación.

Cada autor/a ou autores/as poden participar cunha ou dúas películas como máximo, sendo requisito indispensable presentar unha inscrición por cada unha das obras.

O/a participante garante que é propietario/a dos dereitos de propiedade intelectual sobre a película inscrita. Á súa vez, garante que non existe limitación legal, contractual nin doutra índole que puidese minguar a facultade da organización do EspeleoCine 2021 para amosar públicamente a obra presentada. Do mesmo xeito, manifesta contar coas autorizacións pertinentes de persoas ou entidades propietarias de dereitos sobre diferentes elementos que aparezan na obra presentada: músicas, imaxes, grafismo, etc. O/a inscrito/a comprométese a manter indemne á organización do EspeleoCine 2021 ante posibles reclamacións que en materia de dereitos de autor póidanse iniciar por terceiros; así como as posibles reclamacións amigables ou xudiciais por danos, perxuízos e gastos pola Responsabilidade Civil ou Penal que puidera esixir un terceiro á organización do EspeleoCine 2021.

De acordo coa Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais, o/a participante acepta que os seus datos persoais, así como aqueles que poidan ser facilitados no futuro, sexan recollidos e tratados nun arquivo titularidade da Federación Galega de Espeleoloxía con domicilio en Rúa Fotógrafo Luís Ksado, nº17, Oficina 15, 36209 Vigo. Os datos citados foron recollidos pola citada entidade para finalidades relacionadas coa promoción e publicidade de EspeleoCine 2021. O/a Titular pode exercitar os dereitos recoñecidos na Lei, en particular, o acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante un escrito que poderá dirixir a Federación Galega de Espeleoloxía e Canóns á dirección indicada ou ao email espeleoloxia@gmail.com.

A Organización resérvase o dereito de utilizar fotogramas, fotografías e extractos das películas, exclusivamente para a súa difusión en calquera soporte de comunicación e promoción coa fin de promover e difundir EspeleoCine 2021. En caso de retransmisión televisiva da devandita promoción, a duración máxima de cada extracto non superará os 3 minutos.

Calquera imprevisto nestas bases resolverao a Comisión Organizadora.

A participación en EspeleoCine 2021 implica a aceptación plena e sen reservas destas bases por parte do realizador/es, a/as.

REQUISITOS TÉCNICOS

As películas deberán de ter unha duración de entre 5 e 30 minutos. Aínda que a Organización poderá admitir películas de máis duración.
As películas deberán presentarse en calquera destes dous formatos de alta resolución:

  • Vídeo HD .mp4, àudio aac
  • Vídeo HD .mov, àudio aac

En caso de empregar outro tipo de formato, rogamos consultar coa Organización.

Inscricións

Non cómpre satisfacer taxa algunha para participar en EspeleoCine 2021.

A data límite para presentar películas e a documentación requirida é o día 15 de outubro do 2021. A Organización comunicará a selección da película para a súa proxección mediante e-mail, antes do día 30 de outubro.

O envío das obras realizarase mediante algún sistema de aloxamento de arquivos on-line, tipo Google Drive, Dropbox, OneDrive, Amazon Drive, etc., facilitando o seu URL e, en caso necesario, o contrasinal de descarga. Pódese optar polo envío postal do soporte dixital en pendrive, DVD, tarxeta SD, etc.; neste caso, a Organización non se fai cargo dos gastos de envío nin posibles custos de aduana. En caso de envío desde países fóra da Unión Europea, recoméndase a efectos aduaneiros achegar os documentos de acompañamento necesarios para o despacho de aduana (factura proforma) e indicar no paquete: “Sen valor comercial, só con fins culturais”.

Tódalas as películas deben de ir acompañadas de:

  • Ficha de inscrición.
  • Dúas fotografías da película (mínimo 1200 x 700 píxeles), en formato jpg (sen compresión) ou png.
  • Unha fotografía do director/a ou directores/as (mínimo 800 x 600 píxeles), en formato jpg (sen compresión) ou png.

A película, no caso que se elixa o soporte físico, así como a documentación poderanse enviar a:

Enderezo postal: Federación Galega de Espeleoloxía, Apartado de Correos nº 23, 27740 Mondoñedo (Lugo), España
E a documentación, a: espeleocine@espeleoloxia.org

Non se admitirán as películas que:

  • Os seus argumentos non sexan respectuosos co medio ambiente.
  • As súas imaxes non respecten as normas de seguridade na práctica espeleolóxica.
  • Sexan materiais publicitarios.
  • Estean inacabadas.
  • O seu contido sexa obsceno, violento, sexista, xenófobo, racista ou vulnere algún dereito fundamental da persoa.

PROXECCIÓNS

As películas seleccionadas proxectaranse en Mondoñedo (Lugo). Os días 3, 4 e 5 de decembro do 2021.

Na data de publicación destas bases, a expansión do COVID-19 non nos permite calcular as consecuencias que pode chegar a ter esta pandemia para o desenvolvemento da actividade. Desde a Organización estanse a barallarse principalmente dous escenarios: o da celebración presencial do evento, con plenas medidas de seguridade e hixiene, completamente adecuadas ás directrices das autoridades sanitarias na data do evento ou a súa celebración en forma on-line; mais non se desbontan outras posibles solucións. Mediante a web corporativa comunicarase a opción elixida.

A Organización exímese de calquera responsabilidade no caso de que EspeleoCine 2021 deba ser cancelado total ou parcialmente por mor desta ou calquera outra causa de forza maior. Polo tanto, aqueles que presenten as súas obras deberán aceptar que os seus traballos sexan amosados ao público en calquera dos escenarios posibles.

Asistencia / participación

A asistencia e participación nas diferentes actividades que engloba EspeleoCine 2021 será de balde.

Dada a situación sanitaria actual e anticipando as posibles restricións, será imprescibible que as persoas interesadas en asistir ou participar nas proxeccións cinematográficas se inscriban previamente. Con esta fin, remitirase un correo electrónico á Organización (ver “Contacto”), onde se indicará, o nome completo dos asistentes e o lugar de orixe.

As prazas dispoñibles facilitaranse por orde de inscrición, respectando as medidas sanitarias vixentes no seu momento. Normas que aconsellamos que se consulten e que iranse publicando puntualmente nesta web.

Os/as asistentes/participantes deberán identificarse na Secretaría da Organización, que estará situada na entrada da sala de proxección.

Programa

Existe a posibilidade de descargar o Programa de Man en formato PDF (Ver “Novas / Zona de descargas”)

Películas

As proxeccións realizaranse no Auditorio Municipal “Pascual Veiga”. Estrada de Maariz, nº 5, en Mondoñedo.

Relación de películas que se proxectarán:

 

PROXECTO ALBANUS: DENTRO DO VELLO EMISARIO (ITALIA)

Realizador: Massimo D’Alessandro                                    País: Italia

Produtor: A.S.S.O. en asociación con Hypogea

Duración: 53 minutos                                                           Temática: Exploración / Histórica

O túnel de drenaxe del Lago Albano (Italia), cos seus 1.450 m de percorrido, é un enxeñoso traballo hidráulico, datado a principios do século IV a.c.

Hoxendía, esta construcción é o motivo dun programa de tres anos de estudos espeleolóxicos (Proxecto Albanus), levado a cabo pola Federación Hipogea en cooperación coa Superintendencia para o Patrimonio Arqueolóxico de Lazio e mailo Parque Castelli Romani.

Un equipo de filmación dirixido por Massimo D’Alessandro está a seguir tódalas investigacións, co obxectivo de realizar un documental sobre a súa historia e exploración.

Ligazón trailer: https://youtu.be/IKBCXx0A6Lo

 

NOVA COVA DESCUBERTA NA MONTAGNE NORIE (FRANCIA)

Realizador: Victor Ferrer Rico                                            País: Catalunya (España)

Duración: 8 minutos                                                             Temática: Exploración / Histórica

O filme relata a descuberta e exploración por parte de espeleólogos alemáns, co apoio de membros do Spéléo Club de Béziers, dunha nova cova situada na Montagne Norie (Massif Central, Francia). Cun desenvolvemento que xa acada varios quilómetros e diferentes ríos subterráneos, nesta cavidade, atópanse as excéntricas de cores azul e verde máis fermosas do mundo.

Ligazón trailer: https://www.youtube.com/watch?v=yuMCKgQsDTk

 

A VALL D’EBO SUBTERRÁNEA (Alacante-ESPAÑA)

Realizador: Victor Ferrer Rico                                            País: Catalunya (España)

Duración: 17 minutos                                                            Temática: Exploración / Histórica

O lapiaz de la vall d’Ebo (Marina Alta, Alacante), desenvólvese en calcarias do Cretácico. Pola súa variedade e maxestuosidade, destacan as cavidades que se atopan no Pico da Cruz de Bodo e o Alto de Pascual. Entre elas, destaca o Avenc Estret, explorado por Rafael Plá, no seu momento foi a vertical absoluta meirande de España.

Diferentes entrevistas ós exploradores das simas, dan unha perspectiva histórica ás imaxes.

Ligazón trailer: https://www.youtube.com/watch?v=yrIUhFXoAuI

 

 

O SOÑO DO VAL (Val de Losa, Burgos)

Realizador: Lorenzo Sáez Castrillo                                     País: Castela e León (España)

Produtor: Grupo Espeleológico Niphargus

Duración: 25 minutos                                                           Temática: Exploración / Histórica

Durante máis de dúas décadas, membros do G.E. Niphargus (Burgos) centraron as súas pesquisas no val burgalés de Losa. Os traballos deron como resultado a localización e exploración de numerosas cavidades. Para amosarnos os seus logros, o realizador toma coma fío argumental un soño; coas súas tres fases: a incongruencia (meiga), o realismo (relato) e o pesadelo (as sombras).

Ligazón trailer: https://www.youtube.com/watch?v=I6pGLsUlt1c

 

O TRIFÓN (O terceiro manancial. Burgos)

Realizador: Lorenzo Sáez Castrillo                                     País: Castela e León (España)

Produtor: Grupo Espeleológico Niphargus

Duración: 28 minutos                                                           Temática: Exploración / Histórica

A pouca distancia da cidade de Hoz de Arreba; unha desobstrución levado a cabo polo G.E. Niphargus (Burgos), permitiu o acceso a unha vasta rede de galerías, desenvolvidas en diferentes andares e cun cauce activo. A cova do Trifón atópase a curta distancia do Complexo calcário Piscarciano-Vacas-Arenas.

A película amósanos, dun xeito breve, a xeografía e xeoloxía da zona, así como unha descrición cronolóxica das diferentes exploracións realizadas na cavidade.

Ligazón trailer: https://youtu.be/6WM8eZ1uC7s

 

A COVA DO REI CINTOLO 1973 (Mondoñedo-Lugo)

Director: Luis Mariñas Lage                                           País: Galicia (España)

Produtor: Televisión Española (TVE)

Duración: 13 minutos                                                       Temática: Histórica

Filme rodado -entre outros cámaras- polo xa desaparecido José Manuel Alaiz en BN-16 mm, no ano 1973, na Cova del Rei Cintolo (Mondoñedo – Lugo), para o programa de TVE “SEMANAL INFORMATIVO” (antecesor de Informe Semanal) .

En setembro de 2020, é cedida unha copia da curtametraxe en formato dixital, pola Dirección do Ente Público RTVE ó Concello de Mondoñedo / Federación Galega de Espeleoloxía – FGE e ó Centro Español de Documentación Espeleológica – CEDE, a cal se volta a editar ampliándoa con máis música, unha cabeceira de presentación e engádense ó final comentarios e créditos.

Consta en entrevistas, documentación e exploracións sobre diversos percorridos pola meirande cova de Galicia.

Ligazón trailer: https://www.youtube.com/watch?v=kXcF31_jOeM

 

OS CLAUSTROFÍLICOS

Realizador: Sirio Sechi                                                     País: Italia

Produtor: Sirio Sechi

Duración: 25 minutos                                                       Temática: Espeleomergullo / Psicolóxico

Esta película trata sobre a exploración de covas, mais non está dirixida a espeleólogos/as; está dirixida a tódalas persoas que non a practican e se preguntan “como poden respirar?” ou ¿non teñen medo de quedar atrapados/as alí? “

As películas sobre Espeleoloxía adoitan falar de covas: o seu descubrimento, as desobstrucións, as unións, os seus misterios, as súas peculiaridades, etc. Mais poucas veces falan dos propios espeleólogos/as, ¿Quen son estas persoas cunha afección tan diferente ó resto da humanidade?

Ligazón trailer: https://youtu.be/i0Sp1GA1XfI

 

CENOTE. Cova da Auga (Cueva del Agua). Spain

Realizador: José Luis Llamusí, Andrés Ros                  País: Rexión de Murcia (España)

Produtor: Grupo Cueva del Agua LIMITE5000

Duración: 7 minutos                                                          Temática: Espeleomergullo / Exploración

Cova da Auga Cueva del Agua (Illa Cha, Cartaxena) é unha cavidade activa completamente asulagada, agás a sala de acceso e diferentes burbullas que se atopan no seu interior. Actúa como afloramento dun importante acuífero termal que flúe cara o mar, a unha temperatura de 29,7ºC. A súa exploración iniciouse en 1974.

Hoxendía lévanse explorados máis de 6.200 m de galerías. É un complexo entramado labiríntico de grande dificultade técnica especialmente pola súa turbidez, pasos estreitos e estar completamente asulagado.

O equipo Grupo Cueva do Auga LIMITE500 está formado por mergulladores e investigadores de varios grupos e organizacións e desenvolve a exploración e investigación de Cova da Auga (Cueva del Auga); os seus traballos pódense seguir en www.cuevadelagua.es

Ligazón trailer: https://youtu.be/6CWhbIHZhLU

 

O LABIRINTO SUBTERRANEO  (ano 2000)

Realizador: Francisco Alburquerque                                              País: Illes Balears (España)

Produtor: Joan Bibiloni – Satie – Producions Audiovisuals

Duración: 29 minutos                                                                         Temática: Espeleomergullo / Exploración / Documental

Documental que narra a exploración dunha das máis importantes cavidades cársticas costeiras das Illas Baleares: Cova des Pas de Vallgornera (Llucmajor – Mallorca).

A través das técnicas do espeleomergullo, polas galerías parcialmente asulagadas, puídose filmar en Video DV multitude de paraxes; percorréndose uns 6 km e puidéndose apreciar as características dos “fermosos espeleotemas” que contén.

Esta película foi filmada no ano 2000, cando a cavidade tiña uns 6.400 m de galerías; os grandes descubrimentos posteriores (ocorridos no 2004), levaron esta cavidade ata os aproximadamente 70 km actuais.

A banda sonora é orixinal do músico mallorquín Joan Bibiloni.

Ligazón trailer: https://youtu.be/koxDtcLtM1Y

 

O CERRO DAS MOTILLAS E MAILAS SÚAS COVAS (Andalucía)

Realizador: José Aguilera García                                     País: Andalucía (España)

Produtor: GIEX (Grupo de Investigaciones Espeleológicas de Jerez)

Duración:  66 minutos                                                        Temática: Exploración / Histórica

No Parque Natural dos Alcornocais (Cádiz / Málaga), o máis meridional da Europa continental, atópase o Cerro das Motillas.

A súa estrutura rochosa salienta entre o inmenso bosque que o rodea. A pesares do seu pequeno tamaño, ten numerosas cavidades de grande interese.

O meirande dos sistemas do lugar, ten 10 km de galerías coñecidas e é un modelo cáseque ideal de desenvolvemento cárstico, xa que se pode atopar: sumidoiros, afloramentos activos e fósiles, así como numerosos niveis.

Este documental fala sobre todo da exploración destes lugares, incluído un pequeno resumo da historia do paso do home pola zona.

Ligazón trailer: https://youtu.be/PaFex3J2QC4

BEYOND THE LIMITS (MÁIS ALÓ DOS LÍMITES)

Realizador: David Pérez                                                   País: Andalucía (España)

Produtor: David Pérez

Duración:  35 minutos                                                      Temática: Exploración / Espeleomergullo

Na pequena vila de Covanera (Burgos, España) hai unha incrible cavidade submarina: El Pozo Azul (O Pozo Azul). Cun primeiro sifón de 700 m de longo e máis de 3,5 Km de lonxitude nun segundo sifón; Pozo Azul, é unha das meirandes pasaxes subacuáticas de Europa.

O filme esta rodado durante as exploracións realizadas no verán de 2009 e amósanos algúns dos exploradores máis activos de Europa, traballando arreo xuntos.

Mergulladas de longa distancia (máis de 5 Km en auga a 11  ͦ Centígrados), con descompresións en hábitats, torpedos grandes e rápidos, respiradores modificados e todo tipo de equipamento; son empregados polos exploradores para acadaren o final do fío e continuar a exploración.

Narrado polos protagonistas, este documental permítenos coñecer un chisco máis sobre os espeleomergulladores, os seus equipos, motivacións e relacións de amizade.

Os mergulladores de testa Jason Mallinson, Rick Stanton, John Volanthen e René Houben, apoiados por un gran equipo internacional, fanno posible: realizar unha das inmersións en sifón meirandes do mundo.

Ligazón trailer: https://youtu.be/fHT0fWWD0Pc

A COVA DE VALPORQUERO

Realizador: Carlos Beltrán / Senén Feito                     País: Comunidade de Madrid (España)

Clube: G. E. FLASH (Madrid)

Produtor: Carlos Beltrán

Duración:  10 minutos                                                        Temática: Divulgativa

A cova de Valporquero (Valporquero de Torío, León) é unha espectacular cavidade, habilitada para o turismo no seu primeiro andar. As grandes salas e galerías da súa entrada comunican co río subterráneo, que se sume pola cova e rexurde ao exterior en La Covona, no fondo da gorxa de Formigoso. Tamén se pode acceder á galería activa polo Sil de las Perlas.

O filme amósanos a travesía dende o Sil de las Perlas ata La Covona.

Ligazón trailer: https://youtu.be/43PWGAcI-Yc

EXPEDICIÓN A LARRA, CO EQUIPO ESPELEOLÓXICO DA IPV

Dirección e fotografía: José María Martínez Peñuela             País: Nafarroa / Navarra (España)

Montador técnico: R. P. Fuentes

Bocetos e debuxos: García de la Peña

Produtor: Grupo Espeleológico de la Institución Príncipe de Viana (Iruña / Pamplona)

Duración:  21 minutos                                                                     Temática: Exploración / Histórica

Ano realización: 1956

Documental realizado polo Grupo Espeleológico de la Institución Príncipe de Viana, en varias simas da contorna de Larra, no Pirineo navarro. Esta película foi depositada por Isaac Santesteban no Arquivo Fílmico de Navarra, no seu soporte orixinal de 16 mm. A copia é sen son.

Rodada en branco e negro e cor.

Nafarroa ko Fimoteka / Filmoteca de Navarra cedeu os dereitos, para poder proxectar a película dentro de EspeleoCine 2021.

 

UNHA EXCURSIÓN POLA SIERRA DE URBASA

 Dirección e fotografía: José María Martínez Peñuela                           País: Nafarroa / Navarra (España)

Montaxe: Miguel Bengoa e Urra

Música: Grupo “Itxaso”

Debuxante: Javier Labayen

Produtor: Grupo Espeleológico de la Institución Príncipe de Viana

Duración: 27 minutos                                                                                     Temática: Exploración /Histórica

Ano de realización: 1957

Rodada en cor e en branco e negro, nas estribacións da serra de Urbasa, na década de 1950. Probablemente sexan as imaxes máis antigas sobre espeleoloxía filmadas en chan navarro.

Aínda que nos créditos figure o coro “Itxaso” como intérprete da música, a banda sonora que poidera ter a película perdeuse, polo que acompañará de música de piano en directo.

A película foi depositada por Isaac Santesteban no Arquivo Fílmico de Navarra, no seu soporte orixinal de 16 mm. A copia é sen son.

Nafarroa ko Fimoteka / Filmoteca de Navarra, cedeu os dereitos, para poder proxectar a película dentro de EspeleoCine 2021.

 

TÚNEL DA ATLÁNTIDA: VIAXE Ó DESCOÑECIDO

Dirección e Realización: Sebastián Álvaro                                               País: España

Producción: TVE

Duración: 51 minutos                                                                                    Temática: Exploración

Ano de produción: 1986

O “Túnel da Atlántida” é un tubo volcánico que penetra baixo o nivel actual do mar na illa de Lanzarote, nunha lonxitude aínda indeterminada.

Unha expedición de mergulladores españois afonda nela ata os 1.570 metros, superando en 200 metros o récord anterior, establecido por unha expedición xermano-estadounidense.

O grupo está formado polos mergulladores Fidel Molinero, Luís Ortega, José Luís Fernández Solis, Luís Lapido, Jose Luís García Carrascosa, Francisco Seguro e Carmen Portilla.

RTVE cedeu os dereitos para poder proxectar a película dentro de EspeleoCine 2021.

 

A CARA OCULTA DA TERRA (cova dos Chorros)

(2ª parte)

Dirección e Realización: Sebastián Álvaro                                                País: España

Producción: TVE

Duración: 30 minutos                                                                                    Temática: Exploración

Ano de produción: 2001

Unha expedición de espeleólogos de “Al Filo de lo Imposible” continúa a exploración da Cova dos Chorros, na serra de Alcaraz (Albacete), o equipo trata de superar o sifón terminal, o derradeiro lugar explorado ata o de agora e que servirá para topografiar a zona.

RTVE cedeu os dereitos para poder proxectar a película dentro de EspeleoCine 2021.

VIVINDO Ó FILO CON XESUS MANTECA E J. LUSARRETA

Dirección: Carmen Portilla                                                                           País: España

Produción: TVE

Duración: 27 minutos                                                                                    Temática: Histórica

Ano de produción: 2011

Antxon Arza entrevista a Xesus Manteca e Javier Lusarreta, espeleólogos e especialistas en espeleomergullo. Lembran o seu traballo como especialistas na serie de TVE “Al Filo de lo Imposible” e comentan as súas actividades profesionais na actualidade. O documental inclúe imaxes do arquivo de TVE e do arquivo do NODO.

 RTVE cedeu os dereitos para poder proxectar a película dentro de EspeleoCine 2021.

Actos paralelos

Exposicións

As proxeccións cinematográficas irán acompañadas dunha serie de exposicións fotográficas, documentación, material fotográfico e cinematográfico; en memoria do fotógrafo e cámara Sergio López Maseda.

Lugar: Sede do CEDE, Pazo de Santo Tomé, Rúa Julia Pardo Montenegro, nº 13, Mondoñedo

 Día 3 de decembro. 17 a 19 horas

Días 4 e 5 de decembro.  10 a 14 e 17 a 20 horas

Despois poderase visitar de luns a venres de 10 a 13 horas e 17 a 19 horas. Ata o 31 marzo 2022

O MUNDO CINEMATOGRÁFICO DA ESPELEOLOXÍA

Con este título xenérico recóllense nunha exposición temática: diferente cartelería internacional, referida a distintos festivais de cinema espeleolóxico; diverso material de filmación empregado ó longo do tempo en Espeleoloxía e unha homenaxe póstuma a Victoriano López García e Sergio López Maseda. Persoas relacionadas co cine e Mondoñedo.

Para a visita, aplicaranse as medidas anti COVID, vixentes nese intre.

Os horarios de aperturas poderán ser modificados, segundo as necesidades da Organización.

Conferencias

As proxeccións cinematográficas irán acompañadas dunha serie de conferencias.

 Día 4 de decembro (sábado). Auditorio Municipal “Pascual Veiga”. Estrada de Maariz, nº 5

 17 horas. Sesión de tarde

Trala derradeira película proxectada, conferencia a cargo de Lorenzo Saéz Castrillo

 O PASO DE ANALÓXICO A DIXITAL, NA FOTOGRAFÍA E NO CINEMA

Unha análise, de xeito breve, dalgúns dos soportes empregados no cinema analóxico. E como a cinta magnética apodérase da imaxe; nas cámaras domésticas e profesionais.

Achegamento ós novos formatos de captura e reprodución, de imaxes e chegar ás tarxetas SSD con formatos dixitais e resolucións 4K.

 

Día 5 de decembro (domingo). 10 horas. Sesión matinal

Trala derradeira película proxectada

MESA REDONDA

Cos realizadores e especialistas presentes en EspeleoCine 2021

Estands

A Organización EspeleoCine 2021 contempla a posibilidade de instalar stands dentro do recinto onde se leven a cabo as proxeccións cinematográficas.

Se ben o espírito da iniciativa é brindar, especialmente ao colectivo espeleolóxico, a posibilidade de dar a coñecer as súas actividades (divulgación, exploracións, etc.), tamén poderán expoñer todo tipo de institucións públicas e privadas (administración, universidades e outras), así coma sociedades mercantís relacionadas coa práctica da Espeleoloxía. En tódolos casos, a instalación é de balde.

A organización facilitará un módulo formado basicamente por:

  • Unha mesa
  • Dúas cadeiras.
  • Un plafón.
  • Toma de corrente eléctrica (previa solicitude).

 As persoas interesadas deberán ter presente:

  •  Remitir correo electrónico dirixido á Organización (ver “Contacto”) indicando:

                         o Entidade ou sociedade mercantil interesada.

                         o Nome da persoa e o seu teléfono de contacto.

                         o Número de módulos ou, no seu defecto, metros cadrados que se requiren.

                         o A necesidade dunha toma de corrente eléctrica.

                         o Contido da exposición.

 

  • EspeleoCine 2021 non se fai responsable do material exposto.
  • Os/as expositores/as designarán unha persoa responsable do stand e respectarán os horarios de apertura e peche das instalacións.
  • A comunicación deberá realizarse antes do 30 de outubro de 2021. A organización confirmará a recepción, antes do 15 de novembro.

En Memoria

Victoriano López García

(1910, Mondoñedo – 1995, Madrid)

Recibiu o “Premio de Honra” na IV Gala dos GOYA-1990 pola súa longa traxectoria no ensino das artes do Cine en España.

Foi un dos fundadores en 1947 do Instituto de Investigaciones y Experiencias Cinematográficas (IIEC) e o seu primeiro director.

Entre os seus alumnos figuran algúns dos que despois se fixeron famosos directores, entre eles Luís García Berlanga. A súa familia tivo en Mondoñedo o Cine Galicia e o seu pai foi asiduo visitante da Cova do Rei Cintolo, a principios do século pasado.

Sergio López Maseda

(1936, Barreiros – 2011, Lugo)

Fundador da casa comercial Foto Sergio de Burela en Lugo, que cumpriu recentemente o seu 50 aniversario.

No eido espeleolóxico filmou e fotografou na década dos setenta e principios dos oitenta as covas do Rei Cintolo e dos Santos; tamén cubriu como enviado de TVE en Galicia varias actividades na primeira etapa da Federación Galega de Espeleoloxía.