cinema documental

cinema técnicas especiais

cinema profesional

cinema antigo

cinema analóxico

O mundo cinematográfico da ESPELEOLOXÍA

(deporte – ciencia)

A Federación Galega de Espeleoloxía organiza as Xornadas Internacionais de Cinema Espeleolóxico (EspeleoCine 2021 Mondoñedo) coa intención de divulgar a Espeleoloxía, así como a práctica cinematográfica dentro das cavidades subterráneas.

O lugar da celebración será na cidade de Mondoñedo (Lugo); os días 3, 4, 5 de decembro do 2021.

A participación e asistencia a tódalas actividades será de balde.

AVISO IMPORTANTE: certificado COVID obligatorio en Galicia para acceder ó interior de bares e cafeterías (dende as 21h) e restaurantes (todo o día). Terrazas excluídas. En vigor dende o 27/11/2021. Non esquezas traer o teu.

máis info: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20211126/2827/AnuncioC3K1-251121-1_es.html